Literatura galega da muller

Sê o primeiro a adicionar este livro aos favoritos!

Literatura galega da muller
Autor(a)
Carmen Blanco
Editora
Edicións Xerais de Galicia
Género Literário
Não ficção
Sinopse

Literatura galega da muller contén un conxunto de estudios sobre distintos aspectos da nosa producción feminina, precedido por toda unha homenaxe á actitude intelectual e vital de Virginia Woolf. Aínda que a autora máis estudiada sexa Rosalía de Castro, aparecen tamén traballos sobre outras contribucións femininas á poesía, ao ensaio, a narrativa, ao teatro ou a literatura infantil e xuvenil. Deste xeito, conxúganse fenómenos tan decisivos neste terreo como a problemática social da escritora, a controversia sobre a especificidade da escrita feminina, o sufraxismo e o antisufraxismo, as relacións entre feminismo e nacionalismo, o comportamento literario da muller, etc. A súa análise abórdase desde un pluralismo metodolóxico e interdisciplinar que vén dado pola utilización das máis diversas aportacións universais, particularmente, da xinocrítica e da crítica literaria feminista. Trátase, pois, dun libro pioneiro e necesario, de obrigada lectura para todos os interesados na literatura galega e na problemática da muller. Carmen Blanco García, nada en Lugo o 12 de maio de 1954, é unha escritora e feminista galega autora de poesía, narrativa e ensaio, e profesora da Universidade de Santiago de Compostela. Participou dende os anos setenta no movemento de liberación das mulleres, e, como ensaísta, centrouse especialmente nas interrelacións de poder, muller, sexo, lugar, memoria, cultura, arte e literatura, temática na que afondou nun camiño libertario na súa obra ensaística e literaria. Centrouse tamén en literatura e cultura galegas, tendo colaborado, asemade, en numerosos libros colectivos, actas de congresos, revistas especializadas e xornais.

Idioma
Espanhol
Preço
23.00€
Estado do livro
5* - Muito bom estado geral. Exemplar quase sem falhas. Pode apresentar assinatura de posse.
Portes Incluídos
Quero comprar
Sobre o/a vendedor/a